jueves, 30 de octubre de 2014

REFLEXIÓN SOBRE A CURACIÓN DE CONTIDOS

A CURACIÓN DE CONTIDOS


Internet trouxo moitas cousas novas cambiando o mundo por completo.
É unha fonte inmensa de oportunidades e sobre todo de información, información que se duplica cada oito horas. Este feito é o que da sentido á existencia da curación de contidos e á análise da información.





A curación de contidos consiste en buscar, atopar e seleccionar as informacións que nos semellen relevantes para distribuilas de xeito segmentado. É unha estratexia de aportar valor "separando a palla" do que se coñece como fluxo de información ou infoxicación.



O sentido reside en mellorar a capacidade de asimilación da información e evitar a saturación por exceso. 

É imposible que te enteres de todo aquelo que che interesa sobre o teu campo de coñecemento.

A nosa atención está limitada polo tempo e a capacidade de comprensión.



O obxectivo é filtrar os contidos a través dun proceso que aforre tempo e facilite a toma de decisións. 
Curar contidos supón un esforzo de búsqueda sistemático mantido no tempo e centrado nun ou varios temas de relevancia para a persoa. Para facer curación de contidos teremos que ter varias cousas en conta:




- É importante que a información teña validez no tempo e non caduque.

- Debemos seleccionar o tema correcto: o ideal é que se trate dun tema específico e  
   relevante para un bo número de persoas.  
                 
- Identificar as fontes de información e as personas clave: é mellor escoller entre 
   unha variedade de fontes .

- Escoller a ferramenta axeitada.

- Elixir as palabras clave.
   Supón un  filtro moi práctico.                                     



                                                                                 

As fases polas que deberá pasar a información para a curación serán:

1) Búsqueda 

2) Selección

3) Caracterización: consiste en adaptar títulos, agrupar contido, crear reseñas ,engadir
     os propios comentarios, mencionar e enlazar autor ou autores.

4) Difusión: difundir o filtrado tras o enriquecemento.




Debemos elixir as ferramentas que nos van axudar a facer a curación de contidos.
Estas permítennos facer a filtraxe e a organización da información e a súa difusión a través das nosas redes.
Hai moitas ferramentas, as que coñecín e utilicei neste curso son Storify e Scoop.it

Scoop.it é a ferramenta de curación de contidos por excelencia. É moi ver versátil e fácil de utilizar. É unha plataforma para mostrar e compartir contidos. É gratuito, e os usuarios añaden artigos da web baixo determinados "topics". Axúdanos a crear as nosas propias revistas dixitais. Este espazo tamén admite seguidores.


Éste é o meu tópico en  Scoop.it.







Feedly é un lector de RSS . Estos tamén chamados "agregadores" encárganse de verificar a existencia de novo contido nos portais onde estemos subscritos.
Debemos subscribirnos no RSS do sitio que nos interese para estar ó tanto das súas publicacións.
 Esto permítenos organizar as nosas fontes de información; organiza e clasifica as nosas subscricións en categorías. É unha ferramenta útil e sinxela.


O meu panel en Feedly:








Todas estas ferramentas eran descoñecidas para min ata hai ben pouco tempo.
Parécenme moi útiles para buscar e organizar recursos. Espero adentrarme máis no seu manexo e seguir utilizándoas , agora que me fomentaron a curiosidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario