jueves, 30 de octubre de 2014

Reflexión curación de contidos

Un dos principias problemas da rede é a gran cantidade de información dispoñible, o que se coñece como infoxicación,  moitas veces non somos capaces de separar a información relevante da que non é.Para iso existen as chamadas ferramentas de curación de contidos que nos permiten estar ó tanto da información que nos mesmos escollemos, sen necesidade de ir páxina por páxina.

Por unha parte temos feedly, que nos permite organizar e clasificar as nosas suscricións en categorías, de forma que poidamos consultalas segundo os nosos intereses.

Pola miña parte, aínda me estou aclimatando a usalo xa que aínda me costa o seu funcionamento pero para unha persoa que apenas accede a rede creo que lle costara.A parte de ser algo complicada, pareceme que hai moi pouca información de certos temas, e tes que ser algo xenérica a hora de introducir unha temática. 
Aínda me queda traballar algo máis nesta nova ferramenta, pero poño unha imaxe do que fixen ata agora,

Podemos apreciar, que as entradas están clasificadas en Educación,Empleo, noticas e Psicología. En cada unha delas recollense diferentes espazos relacionados co meu interese a nivel profesional e persoal. 
Por outra parte estou encantada coa ferramenta Scoop.it, permítenos agregar publicacións web referentes a un tema de interese.
Scoop. it é o que se denomina un agregador de contido. Encargase de reunir e suxerir os contidos ao usuario, este escolle de entre as propostas as mais relevantes e as publica baixo un formato tipo "periódico", o que desde o meu punto de vista ese formato faique sexa máis chamativo e doado para ler.
O meu scoop.it fai referencia o curriculum 2.0 e as competencias dixitais, xa que no momento no que estamos non vale cun simple curriculum en papel, senón que temos que ser novedosos e empregar todalas múltiples ferramentas que nos ofrece a rede para actualizarnos persoal e profesionalmente, sobretodo como orientadores laborales para aconsellar os nosos usarios.
http://www.scoop.it/t/curriculum-2-0-by-ale-mourelos

No hay comentarios:

Publicar un comentario