viernes, 31 de octubre de 2014

Firma Invitada: A importancia de ter o CV actualizado

A importancia de ter o CV actualizado

Estaba eu a actualizar o meu currículum cando de pronto se me ocorreu un bo tema para compartir con vos neste Blog. ¿Cada canto tempo actualizamos o noso CV?,¿somos conscientes da importancia que ten a hora de buscar traballo? A este pregunta todos diremos Siiiiiiiii. Pois ben. Escoitademe atentamente.
Todo inicio de búsqueda de emprego comeza coa elaboración ou actualización do noso CV antes de difundilo en calquer medio. Debemos actualizar todo os nosos datos (obtención dun novo titulo, adquisición de novos coñecemetos, aptitudes, habilidades, etc...).

Deste xeito sempre teremos un CV activo e dinámico reparado para ser utilizado e visionado en calquer momento. Sen embargo non basta con realizar esa actualización no papel ou no arquivo.....non debemos esquecer actualizalo tamén en todos aqueles espazos nos que o temos aloxado ( portales de emprego, bolsas de traballo, servizo público de emprego, etc..). Debemos ser conscientes de que ahora de buscar traballo, en calquer proceso de selección, é o CV a nosa carta de presentación, quen nos vai representar nunha determinada oferta e son os seus datos os primeiro que van a saber e ter de nós. Todos os datos que conteña o noso CV é oq ue vamos a vender de nos a unha emresa ou posto, e vai reflexar todos os nosos coñecementos, aptitudes, habilidades, etc... Son ese datos os que chamen a atención do empresario e polo tanto, os que van a marcar se estamos ou non dentro do proceso de selección.


Seguramente esta teoría todos a teñamos aprendida pero ¿realmente actualizamos os datos do noso CV de xeito constante e en todos aqueles medios no que o temos publicado? Existe a posibilidade de que algún se nos escape e ahí xa estamos perdendo oportunidades. 

Por si moitos de vós non o sabiades, en moitos servizos de búsqueda de emprego fan uso de filtros a hora de levar a cabo un proceso de selección, baseándose nunhas determinadas caracerísticas e requisitos do posto. Ditos filtros son os que van a decidir se o noso CV pasa ou non  a seguinte fase do proceso. O feito de non ter actualizado o noso Cv pode provocar que nos quedemos fora do proceso de selecion. Poñamos un exemplo: en ocasións o feito de omitir unha determinada formación, coñecemento ou habilidade pode conlevar que sexa precisamente ese dato que omitimos o que nos faga seguir nese proceso, ainda que tamen é certo que pode pasar o contrario, ainda que neset caso soen ser datos que xogan na nosa contra e que polo muído no soemos incluír. Nesta liña debemos falar tamén de que tipo de información consideramos que debe ser incluída no CV e cal non. É importante reflexar determinada información como por exemplo o coñecementos que temos dun determinado programa ou ferramenta, as funcións que desempeñamos nos postos de traballo anteriores, etc.. Neste ultimo caso non vamos a refelxar todas as función municiosamente pero si é importante aportar algún detalle.



Temos que ser conscientes de que oxe en día existe unha gran competencia a hora de buscar traballo, polo que todos os datos son importantes, tanto para nós como para os empresarios. Debemos saber que unha vez pasada a primeira fase dun proceso de selección, as seguintes van seguidas de outras búsquedas  de información relativa a nos nas redes sociais, nas entrevistas persoais, etc... polo que solo os que teñan os Cv máis actualizados  serán os que posiblemente pasen a seguinte fase.



Por todo isto, debemos considerar a búsqueda de emprego como un traballo o cal require dunha organización e control. Sería ideal levar a cabo un rexistro de aqueles lugares onde entregamos o noso CV de forma que, cando teñamos algunha novidade ou actualización do mesmo, llo fagamos saber.



No hay comentarios:

Publicar un comentario