miércoles, 29 de octubre de 2014

Reflexión individual modulo 2

Reflexión Individual do Modulo II

Orientación Laboral, competencias comunicativas, habilidades sociais e competencias dixitais

A competencia comunicativa segun ou noso orador Fernando Aguilar refírese á capacidade dunha persoa para comportarse de xeito eficaz e adecuada nunha determinada comunidade de fala, a competencia comunicativa relaciónase con saber ,cando falar, cando non, e de que falar, con quen, cando, onde, en que forma; é dicir, trátase da capacidade de formar enunciados que non só sexan correctos senón tamén socialmente apropiados
Diferenza dous tipos de linguaxe o lenguje reactivo fronte ao proactivo é dicir o non poder fronte ao poder,foi unha conferencia interesante ainda que se perdeu un pouco en tantos exemplos e case todos sacados do mesmo libro de Jorge Bucay. 
Asi mesmo falou tamen dás habilidades sociais, que as definiu como un conxunto de capacidades que permiten o desenvolvemento dun repertorio de accións e condutas que fan que as persoas se desenvolvan eficazmente no social. Estas habilidades son algo complexo xa que están formadas por un amplo abanico de ideas, sentimentos, crenzas e valores que son froito da aprendizaxe e da experiencia. Todo isto vai provocar unha gran influencia nas condutas e actitudes que teña a persoa na súa relación e interacción cos demais.

A falta ou escaso desenvolvemento de habilidades sociais, pode ser algo doloroso para as persoas. Os seres humanos vivimos en sociedade, é por iso que a comprensión das relacións e das demais persoas é algo imprescindible para unha vida emocionalmente sa. E isto ten repercusión nos demais ámbitos da vida.
Falou tamen dás habilidades sociais básicas: apego, empatia, asertividad, cooperación, comunicación, autocontrol, comprensión de situacións e resolución de conflitos. 

Sobre as competencias dixitais , decir que ata agora este foi para min o módulo mais interesante dado que entramos de cheo dentro das ferramentas dixitais que coido que non estamos acostubrados a utilizalas e realmente faisenos un pouco complicado a súa utilización, ainda que o coñecemento da utilización destas ferramentas ábrenos un novo campo de oportunidades para a búsqueda e tratamento da información e así poder ofrecer a aquelas persoas que están na búsqueda de emprego una maior información e alternativas para poder acadar ese fin.




Dado que o momento actual para atopar un posto de traballo é complicado, temos que actualizarnos e  por en funcionamento novos sistemas e novas formar de búsqueda, e por iso que estas novas ferramentas dixitais son moi importantes, e ademáis que tamen as empresas cada vez mais están a valorar o coñecemento de habilidades sociais asi como do uso das ferramentas dixitais.

Segundo se trata nun dos temas, temos o PLE que é un conxunto de ferramentas que nos levan a procesos de utilización de fontes de información nas que buscamos e filtramos esa información para logo organizar e crear nova información para poder publicar ou compartir ou tamen conversar e o mesmo tempo poder enviar por medio de ferramentas como o Skype, Gmail, etc.


En definitiva estamos pondonos en contacto con novas ferrametas que debemos de aprender a utilizar ben para poderlle sacar o máximo rendemento.

Miguel Angel Fernandez Gomez



No hay comentarios:

Publicar un comentario