viernes, 31 de octubre de 2014

A CURACIÓN DE CONTIDOS




A curación de contidos consiste en buscar, filtrar, seleccionar e distribuír en Internet contidos de calidade sobre un tema específico e, se pode ser, que sexan contidos perdurables no tempo para contribuír ao coñecemento colectivo. A curación de contidos ten a súa razón de ser pola saturación de información na rede e a necesidade de obter información relevante dunha temática específica. 

Para xestionar a información en internet realízase unha criba segundo a temática específica (filtrado), esa información hai que recompilala (agregación) e ha de ser mantida, conservada e mellorada, é dicir, engadirlle valor (curación).




Neste curso de posgrao estamos a coñecer distintas ferramentas para o tratamento da información en internet, algunhas delas máis versátiles mentres que outras son máis específicas para unha fase concreta do tratamento da información: agregadores ou lectores de contido (lector RRS) como Feedly que organiza as nosas fontes de información; Scoop.it que é un agregador que reúne contidos en torno a un "tópico " de interese persoal que é un espazo onde curamos a información (engadindo opinión ou recursos); Diigo, para o almacenamento e curación mediante marcadores sociais; Storify, un agregador de contidos que permite crear historias a través de múltiples fontes nun único sitio. 

Todas estas ferramentas contribúen dun xeito ou outra a evitar o desbordamento de información (infoxicación) á vez que permiten distinguir a información relevante da que non é, minimizando a pérdida de información.

Esta é a miña organización de fontes en Feedly









No hay comentarios:

Publicar un comentario