lunes, 27 de octubre de 2014

Reflexión individual módulo 2

REFLEXIÓN MÓDULO 2



O módulo 2 consistía en varios temas relacionados máis que nada co tema das competencias que debe ter todo orientador laboral xunto coas ponencias de Carlos acerca da web 2.0 e competencias dixitais para a orientación laboral.
O fin de semana do 9 o 10 de outubro contamos coa colaboración de Fernando Aguilar- Galingo Ávila para a exposición dos temas: Desenvolvemento de competencias comunicativas e habilidades e competencias sociais.


A primeira ponencia correspondente o venres 9, falaba das competencias comunicativas.
 Con optimismo e alegria Fernando o longo da súa ponencia foi explicandonos todo o proceso comunicativo mezclandoo con historias, fábulas, contos e videos. 


A sesión dese día rematou con un momento de relaxación que nos servíu a todos para aliviarnos un pouco de todo o traballo que temos, algúns máis que outros. 

Pola miña parte decir que foi unha das sesións máis amenas do curso por non decir a que máis, sí que as veces parecía como se estivera lendo unha novela de Paulo Coelho e quizas esto non é de bo gusto para todos, sen embargo como amante que son deste escritor así como da importancia que Fernando lle deu a nosa propia felicidade e a importancia da comunicación entre nós mesmos, creo que non teño ningunha critica, pode que as veces Fernando excederase co optimismo xa que hai moitas situacións e máis agora na que é moi dificil para moitos estar co sorriso na cara.

A segunda ponencia correspondete o sábado 10, fai alusión o tema habilidades e competencias sociais.
Fernando falounos tamén da importancia das emocións e dos estados de ánimo e saber diferenciar entre ambos. A importancia de liderazgo así como a habilidade de ser empático e asertivo son características propias de todo orientador. 
Por último, a sesión rematou algo as présas xa que Fernando parabase moito a hora de explicar as cousas coa axuda de exemplos, cousa que agradezo moito, xa que moitos docentes as veces olvidanse da importancia de ir un pouco máis aló da teoría.
“Non te conformes con reaccionar: RESPONDE!!” “Non deixes que nada nin ninguén decida por ti ata onde podes chegar no teu proceso de cambio persoal”.

Por outra parte están as novas tecnoloxías e mais concretamente a web 2.0, adentramonos en conceptos tales como as redes sociais, Twitter e Facebook entre outras, a construcción de contido con Wordpress ou Blogger, a creación de historias con Storify, a curación de contidos da man de Scoop.it e a identidade dixital que nós temos na rede e a nosa reputación xa que internet non olvida.Todas estas ferramentas neste módulo tivemos a oportunidade de poñelas en práctica para saber aplicalas posteriormente na nosa labor como orientadores laborales.


Pola miña parte teño que decir que este módulo enriqueceume moito máis que o anterior xa que non so aprendin novas cousas senón tamén me foi máis doado de entender. O tema das habilidades sociais xa o dera con profundidade na carreira pero aínda así escoitalo da man de Fernando foi increible, por outra parte as ponencias de Carlos acerca das múltiples ferramentas que existen na rede e que podemos manexar fixome poñerme o día e volverme algo máis adicta a rede, non sei se iso será bo.
So me queda dicir que ata agora, todo o dado no curso estame sendo de grande utilidade e estou aprendendo moito máis do que me esperaba.



Alejandra Mourelos Palacios

No hay comentarios:

Publicar un comentario