jueves, 30 de octubre de 2014

MARCO PERSOAL DA ORIENTACIÓN LABORAL: REFLEXIÓN

Desenvolvemento de competencias comunicativas. Habilidades e competencias sociais.

Establecer unha canle de comunicación óptima é unha condición necesaria para o éxito das actuacións en orientación laboral.

Emisor e receptor (orientador e orientado) van interactuar dende presupostos distintos; dun lado o demandante de emprego, inmerso nunha situación persoal e profesional concreta e cunhas expectativas en canto á resolución da súa situación laboral; doutro, o orientador laboral que debe conducir o proceso de comunicación de forma que poida alcanzar os seus obxectivos, o coñecemento en profundidade da situación persoal e profesional do orientado e o establecemento de propostas que permitan mellorar a súa situación fronte ao mercado de traballo.


Está claro que neste proceso de comunicación teñen especial importancia as competencias comunicativas e as habilidades e competencias sociais.

As competencias comunicativas permítennos que a mensaxe sexa comprendida polo interlocutor sen interferencias e para iso coidaremos que o ambiente onde se desenvolve a entrevista sexa o idóneo procurando eliminar todas as barreiras da comunicación; estas non só circunscríbense ao espazo físico e ao momento no que se debe realizar a entrevista senón tamén á actitude do entrevistador que debe eliminar calquera obstáculo que impida que a mensaxe sexa comprendida tendo en conta que a comunicación non verbal xoga un papel importante á hora de transmitir a mensaxe e que este sexa comprendido de xeito correcto; debe haber unha sintonía entre a mensaxe verbal e o que transmitimos a través da xestualidade e, en xeral, da imaxe visual que proxectamos ao noso interlocutor.



Pero para o éxito da comunicación ésta nunca ha de ser entendida como un proceso unidireccional senón que a entrevista debe ser dirixida en función das mensaxes que recibimos do interlocutor, é dicir, en función da retroacción que debe establecerse, o feedback. Aquí teñen especial importancia as habilidades sociais que permiten establecer un ambiente de colaboración e confianza que nace da percepción que ten a persoa de que é escoitada, é dicir, a práctica da escoita activa que non é a mera recepción da mensaxe senón que a través de procedementos como a reformulación e a linguaxe fáctica (verbal e non verbal) co asentimento, repetición do que se escoita, etc., fai sentir a persoa que é comprendida, que empatizamos con ela. Pero poñerse no lugar dos demais non significa renunciar ás nosas formulacións, non se trata de coincidir co interlocutor e, por iso, para evitar conflitos sen renunciar ao labor de orientadores, que non é outra que a de posibilitar o cambio mediante a modificación de condutas, se precisa dun comportamento asertivo que permita presentar as nosas ideas de xeito obxectivo e, á vez, non producir respostas defensivas no interlocutor .Neste vídeo móstranse os cinco pasos do comportamento asertivo



A web 2.0 para a orientación laboral. Competencias dixitais para a orientación laboral.

A web 2.0 ofrécenos un espazo colaborador para a transmisión de información, comunicación entre as persoas e xeración de coñecemento. É, pois, imprescindible o dominio das competencias dixitais que nos van permitir obter un maior rendemento á hora do tratamento da inxente cantidade de información xa que este é o seu principal problema, a sobresaturación de información na rede.

Ter competencia dixital posibilitaranos facer un uso máis proveitoso da web en relación coa nosa actividade profesional tanto á hora da obtención de información (agregado, filtrado e curación) como na creación dos nosos propios contidos e a súa publicación en ámbitos profesionais específicos así como tamén para o establecemento de relacións profesionais (redes sociais profesionais) que condu- cirán a crear a nosa imaxe dixital e a consideración que para os demais teremos como profesionais (reputación online).

Neste módulo recibimos moita información sobre as ferramentas dixitais e as súas distintas funcio- nalidades que nos facilitarán a nosa tarefa profesional e nos axudarán a crear o noso ámbito de aprendizaxe; o seu uso cotián permitiranos facer unha selección das máis idóneas aos nosos fins e intereses.


No que á orientación laboral respecta, ao ser esta unha disciplina que se nutre de moitas áreas do coñecemento, as ferramentas para a agregación, filtrado e curación de contidos resultan fundamentais para poder ofrecer unha información actualizada e relevante aos usuarios dos servizos de orientación laboral. Tamén o coñecemento de ferramentas para a creación e publicación de contidos como poden ser os blogues técnico profesionais preséntanse como instrumentos de grande utilidade na busca de emprego xa que permiten divulgar de forma máis extensa e creativa os logros profesionais posibili- tando un mellor coñecemento dos candidatos nos procesos de selección de persoal. Outras ferramen- tas de promoción persoal como as tarxetas de visita dixitais ou o videocurriculum que aloxados en sitios web específicos para a súa divulgación van permitir marcar a diferenza frente ao habitual curriculum vitae nun mercado de traballo onde a relación oferta de emprego/demandantes de empre- go é claramente desfavorable.

Mención aparte tendremos que facer da rede social Twitter debido a súa versatilidade xa que cobre aspectos principais do noso PLE: aprender dos obxectos de información publicados, compartir recursos e experiencias para comunicar e permite establecer relacións con terceiros co obxecto de ampliar a nosa rede.




No hay comentarios:

Publicar un comentario