jueves, 30 de octubre de 2014

A MIÑA REFLEXIÓN INDIVIDUAL SOBRE O MARCO PERSOAL DA ORIENTACIÓN LABORAL


Neste módulo adentrámonos de cheo na esencia do mundo da orientación laboral.



Un dos puntos máis relevantes, na miña opinión, é a propia evolución que experimenta a  orientación desde o seu nacemento ata os nosos días.

A orientación remóntase a tempos afastados nos que xurdiu  como unha actividade informal e condicionada por múltiples factores (como poden ser a educación, a clase social, etc.) 
A súa orixe formal ten lugar a finais do século XIX coa Revolución Industrial. Ésta desencadea unha problemática sociolaboral moi forte e, por outra banda, a división do traballo require unha especialización de tarefas e a necesidade de cualificación.
Nese momento xorde como unha preocupación social e educativa porque os individuos reclaman unha axuda que lles permita adecuarse ós novos cambios sociais e económicos. Por eso nace fóra do ámbito escolar.

O seguinte paso nesta evolución é a participación nos avances da Psicoloxía aplicada ó diagnóstico do individuo, xa que se necesitaba unha metodoloxía científica que facilitara o coñecemento do mesmo para orientalo cara á profesión que mellor se axeitara ás súas características. Esto da paso así á Orientación Vocacional (principios do século XX), baseada no coñecemento dos rasgos do suxeito para dirixilo cara a tarefa máis axeitada en relación con eses rasgos.

O posterior avance que se produce na orientación é a integración no currículum escolar; importa a atención individualizada ós alumnos.

A partir de aquí nace a Orientación para o Emprego, cando se pode establecer unha estratexia conxunta entre a orientación educativa e a laboral.

A mesma evolución que observamos na orientación como disciplina vémola na propia definición do concepto a través do tempo.
Na orixe está unido a un único aspecto da persoa, o posto de traballo, convirtíndose nun feito puntual na súa traxectoria e vai mudando o seu significado co tempo. Amplíase ó período de escolarización e acaba por ser un proceso que abarca toda a vida. É un proceso continuo, dinámico, dirixido ás persoas en tódolos ámbitos do seu ciclo vital.


Como proceso de axuda que é, a orientacion, require profesionais preparados, cunha sólida formación e posuidores de certas habilidades e competencias.






Unha destas habilidades necesarias é a comunicativa. É fundamental o seu papel como comunicador para establecer unha relación fluída coa persoa que ten diante.

*Saber escoitar- Prepararse para escoitar, identificar o que quere transmitir a persoa, situarse no rexistro da outra persoa.

*Escoita activa- Identificar os obxectivos e sentimentos do outro.

*Mostrar empatía- Identificación mental e afectiva co estado de ánimo da outra persoa. O orientador debe adaptarse ó nivel do orientado e "falar o mesmo idioma". A linguaxe é un indicador da distancia ou da proximidade entre dúas persoas e afecta á motivación.

*Coidar a comunicación non verbal- É tan importante como a comunicación verbal ou máis. Os silencios, os xestos, as miradas, os movementos corporais configuran a mutua percepción entre dúas persoas. 



                                           "Cos ollos escoitase mellor que cos oídos"








- Outras habilidades que debe posuír o profesional da orientación son as sociais. É necesario saber negociar, resolver conflitos, colaborar cos demais, capacidade para motivar...
A intelixencia emocional é o conxunto de habilidades entre as que destacan o autocontrol, o entusiasmo, a perseverancia, a capacidade para motivarse a un mesmo. Radica na habilidade para comprender as emocións dos demais e, polo tanto, a falta de sensibilidade cara as necesidades alleas é unha falta de consideración. 

Débese estimular a intelixencia emocional para alcanzar o éxito laboral.
Tanto as habilidades emocionais como sociais son necesarias para manter o equilibrio na vida.
As nosas accións e decisións dependen tanto dos nosos sentimentos como dos nosos pensamentos.








"Cuando nuestras pasiones se hallan bien adiestradas nos proporcionan sabiduría y sirven de guía a nuestros pensamientos, valores y supervivencia " (Daniel Goleman)



segunda parte deste módulo refírese a outro tipo de competencias que debe posuír tamén o orientador na actualidade: as competencias dixitais, tan importantes no mundo de hoxe e coas que temos que manexarnos no século XXI.


A irrupción das redes sociais supón un cambio radical en moitos ámbitos da sociedade e no xeito de relacionarnos.


O impacto da revolución da web 2.0 supón:


-unhas posibilidades extraordinarias para relacionarnos e comunicarnos cos demais por vía dixital.

-unha nova era que se podería denominar de "marketing persoal" que abre as portas para  conseguir todo tipo de obxectivos persoais e profesionais.


Como consecuencia, unha das actividades que sufriu cambios moi importantes é a busca de emprego e o recrutamento de candidatos.


Pasamos, en pouco tempo, da posición pasiva do demandante de emprego, onde se limitaba a contestar ás ofertas que se publicaban nos medios impresos e portais de emprego, a unha posición activa, onde o candidato busca as ofertas mediante a rede de contactos e as redes sociais.










O orientador debe seguir evolucionando e dominar todas estas ferramentas para poder asesorar mellor ós usuarios na busca de emprego ou no emprendemento.

Aínda que non deixamos de lado as accións tradicionais, como a elaboración do c.v., estos avances tecnolóxicos bríndannos a oportunidade de facer as cousas de xeito diferente...


Aquí vos deixo un exemplo









No hay comentarios:

Publicar un comentario