jueves, 9 de octubre de 2014

Reflexión individual Módulo 1

A crise económica española iniciouse en 2008 e os seus efectos prolongáronse durante máis de cinco anos ata a actualidade, non só no plano económico senón tamén no político e o social. Esta crise enmárcase dentro da crise económica mundial de 2008 que afectou á maior parte de países do mundo, en especial aos países desenvolvidos.
O comezo da crise mundial supuxo para España outros problemas: o final da burbulla inmobiliaria, a crise bancaria de 2010 e finalmente o aumento do desemprego en España que marcaba un mínimo histórico durante a primavera de 2007 con 1,76 millóns de persoas (un 7,95% da poboación activa), pasou a rexistrar un máximo histórico no primeiro trimestre de 2013 con máis de 6 200 000 parados (un 27,16%), cun paro xuvenil (desempregados menores de 25 anos) de máis de 960 000 persoas (57,2%).

A Estratexia Europea 2020 pretende ser un revulsivo para a crise e preparar a Europa para o futuro e baséase nun crecemento da economía baseado no coñecemento, na innovación, nunha economía que faga un uso máis eficaz dos recursos e cun alto nivel de emprego e cohesión social, centrándose en cinco obxectivos:
Obxetivo 1: Emprego para o 75% das persoas de 20 a 64 anos.
Obxetivo 2: Investimento do 3% do PIB en I+D
Obxetivo 3: Cambio climático e sostenibilidade enerxética
Objetivo 4: Educación. A porcentaxe de abandono escolar debería ser inferior ao 10% e  porlo menos o 40% da xeneración máis nova debería ter estudos superiores completos

Obxetivo 5: Loitar contra a pobreza e a exclusión social

O Plan Nacional de Reformas 2014 constitúe un instrumento esencial de política económica para permitir que o cambio de ciclo que parece estar a iniciarse se consolide e permita un crecemento sólido e sostible que favoreza, de forma decidida, a creación de emprego. As medidas estrutúranse entorno a cinco áreas: saneamento fiscal diferenciado e favorecedor do crecemento; restablecer as condicións normais de préstamo á economía; fomentar o crecemento e a competitividade actual e futura; loitar contra o desemprego e as consecuencias sociais da crise; e modernizar a Administración Pública. Estas medidas, ademais, sentan as bases para o cumprimento dos obxectivos da Estratexia Europa 2020.
É evidente que para que as políticas de emprego, dentro da Estratexia de Emprego Europea, sexan efectivas, España necesita reformas que vaian encamiñadas a mellorar as condicións para que as pequenas e medianas empresas, base do tecido produtivo, encontren as condicións para aumentar a súa produtividade e para iso é necesario financiamento e internacionalización. Respecto ao financiamento esta poderá provir de orixe bancaria (a través do ICO que está a dar apoio alí onde hai máis escaseza de crédito) e vías non bancarias como, por exemplo, o reforzo de sistemas de avais e garantías públicas para o financiamento de PYMEs, entre outros. A internacionalización das empresas pretende mellorar a capacidade exportadora, diversificar os mercados de destino e atraer o investimento estranxeiro facendo, todo iso, que reverta na creación de emprego.
O Sistema Nacional de Emprego, integrado polo Servizo Público de Emprego Estatal e os Servizos Públicos de Emprego das CCAA, ten como cometido promover e desenvolver a política de emprego no marco da chamada Estratexia Española de Emprego.
De entre as medidas para a loita contra o desemprego, que son necesariamente froito da cooperación entre o Estado e as CCAA, dada a distribución de competencias, podemos destacar:
-A reforma laboral.
O marco lexislativo foi sufrindo modificacións dende o comezo da crise:
En setembro de 2010 aprobouse a Reforma laboral en España en 2010: Real Decreto-lei 10/2010, do 16 de xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral e pola Lei 35/2010, do 17 de setembro, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo.
A reforma abriu a posibilidade de que empresa e traballadores acordasen que, debido á situación de crise, non se aplicase o réxime salarial previsto polo convenio colectivo de ámbito superior á empresa, como os sectoriais ou os do ramo.
A reforma estableceu a redución de xornada por causas económicas, aínda que os traballadores teñen dereito á prestación por desemprego polas horas que deixen de traballar en virtude destes cambios, e non por días. Ademais, a prestación por desemprego será equivalente ao da xornada autorizada.
Outro dos obxectivos da reforma era acabar co encadeamento de contratos temporais, isto é, coa sucesión, sine die, de contratos temporais a un traballador, sen que se lle contrate fixo, mantendo a inestabilidade no emprego. A reforma estruturou a penalización desta figura contractual.

A reforma da lexislación laboral en España en 2012 modificou a anterior reforma laboral aprobada en setembro de 2010. Mediante a aprobación do «Real Decreto-lei 3/2012, do 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral,» o Goberno presidido por Mariano Rajoy propoñíase "facilitar a contratación, con especial atención aos mozos e aos parados de longa duración, potenciar os contratos indefinidos fronte aos temporais e que o despedimento sexa o último recurso das empresas en crise", ademais de "rematar coa rixidez do mercado de traballo e sentar as bases para crear emprego estable".

-A reforma do sistema educativo



Orientada a mellorar a empregabilidade dos mozos (LOMCE) que supón: adianto da idade en que os alumnos elixen a súa traxectoria formativa, o establecemento dunha nova etapa educativa de formación profesional básica, desenvolvemento do modelo de formación profesional dual, a introdución de contidos curriculares para fomentar o espírito emprendedor e a adquisición das competencias necesarias para a creación e desenvolvemento de empresas.

- Desenvolvemento do novo modelo de formación profesional para o emprego que permitirá detectar as prioridades formativas dos sectores produtivos e financiamento público de accións formativas de recualificación profesional de ocupados e desempregados.

O Sistema Nacional das Cualificacións e Formación Profesional (Lei Orgánica 5/2002), a través do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais ordena as cualificacións profesionais susceptibles de recoñecemento e acreditación, identificadas no sistema produtivo en función das competencias apropiadas para o exercicio profesional. A Unión Europea dótase así mesmo dun marco común de referencia que relaciona entre si os sistemas de cualificación dos países membros que permitirá fomentar a mobilidade dos traballadores entre os diferentes países e facilitaralles o acceso ao aprendizaxe permanente, o Marco Europeo de Cualificaciones (EQF) que se centra nos resultados de aprendizaxe e non en datos básicos da formación como a duración dos estudos.


- Un novo sistema de intermediación laboral: colaboración público-privada entre os servizos públicos de emprego e as axencias de privadas de colocación.

-Adopción de medidas para a loita contra o desemprego xuvenil:

 O fomento do emprendimiento dos mozos: reducións de cotas á Seguridade Social ou ampliación das posibilidades de capitalizar a prestación por desemprego para iniciar actividades por conta propia.

 O estímulo da contratación laboral de mozos, facilitando a transición educación-mercado laboral.

A mellora da empregabilidade dos mozos desempregados: programas para obter certificados de profesionalidade con compromiso de contratación ou para que os mozos desempregados poidan retomar
os estudos e obter unha titulación.

Plan Nacional de Implantación da Garantía Xuvenil, en coordinación coas Comunidades Autónomas. No marco da Estratexia de Emprendimiento e Emprego Xove, o Plan desenvolve medidas para implantar un sistema de atención personalizada para orientar aos mozos menores de 25 anos que nin estudan, nin traballan, nin reciben formación. A implementación da Garantía Xuvenil conta en 2014 e 2015 con financiamento de fondos comunitarios por un importe de 1.887 millóns de euros.

-Fomento das iniciativas emprendedoras como forma de acceso ao mercado de traballo. Apoio ao emprendimiento.

Medidas recollidas na Lei 14/2013, do 27 de decembro, de apoio aos emprendedores e a súa internaciona
lización. No ámbito actual, no que a prioridade é a creación de emprego, o Goberno puxo en marcha ao longo dos dous últimos anos medidas fiscais de apoio ao emprendedor, tendencia que se manterá. En particular podemos destacar incentivos fiscais xa existentes no IRPF e no Imposto sobre Sociedades para apoiar os proxectos emprendedores.

Todas estas medidas responden ás necesidades actuais do mercado de traballo e contribúen a unha nova etapa de creación de emprego nun novo modelo de crecemento económico; sitúan a poboación activa e as empresas, verdadeiros actores do mercado de traballo, no centro das actuacións do conxunto do Sistema Nacional de Emprego e están en consonancia cos obxectivos de emprego compartidos polo conxunto dos Estados membros da Unión Europea.






No hay comentarios:

Publicar un comentario