viernes, 10 de octubre de 2014

A MIÑA REFLEXIÓN PERSOAL -   MÓDULO 1
Cando me matriculei neste curso fíxeno coa intención de mellorar os meus coñecementos neste campo tan complexo da orientación laboral. Despois de asomarme , case por casualidade, a ese mundo e facelo con moita precaución e incluso medo, pareceume moi interesante e atractivo. O que si comprendín é que esixe unha formación moi extensa en todos os sentidos , unha reciclaxe continua e sobre todo un coñecemento e utilización das ferramentas informáticas.
Estou satisfeita por haber tomado a decisión de matricularme e aínda que cada vez son máis consciente das miñas carencias , espero que este sexa un eslabón máis na miña formación e persoalmente me axude a mellorar a miña empregabilidade.
.
        



O marco de conceptos do primeiro módulo creo que estivo moi axeitado, algúns temas eran coñecidos para min, outros non tanto. Vou resaltar os puntos de máis interés, para min,  de cada un deles.
TEMA 1.- MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL
Neste tema fálase do Sistema Nacional de Emprego formado polo SEPE e os Servizos Públicos de Emprego das comunidades autónomas.
O SEPE é o organismo encargado da creación e seguimento  das Políticas de Emprego que vai desenvolver e executar  despois o SPEG.
As políticas pasivas de emprego son executadas polo SEPE e as activas polo SPEG.
Neste sentido ,creo persoalmente, que  as máis significativas  son as políticas activas que son as que poden mellorar o acceso ao emprego dos desempregados, a promoción profesional ….
Por suposto estas políticas enmárcanse no contexto europeo e responde concretamente á aplicación dunha estratexia global da Unión Europea para o emprego, a Estratexia Europea de Emprego 2020. Establece unhas prioridades que cada estado aplicará segundo as diferentes realidades nacionais, seguindo esas bases.
TEMA 2 : O MERCADO LABORAL
No segundo tema fíxose unha introdución básica do que conforma o mercado de traballo (oferta, demanda); as distintas teorías económicas que explican as causas do desemprego, e  os distintos tipos deste último.
O máis útil  deste tema, para min, foron os indicadores do mercado laboral , todo o  que nos pode axudar a atopar o comportamento das ocupacións actualmente e os novos xacementos de emprego. Así podemos obter información de cales son os perfís profesionais máis demandados.
Esto paréceme básico porque aínda que traballei no Speg varios anos nunca recibín formación sobre eso, solo a experiencia que vas acumulando e que che fai ver o relevante que é controlar o mundo das ocupacións (CNO), tanto desde a visión das ofertas como das demandas de emprego. Moitos desempregados descoñecen o valor que pode ter  acertar coas ocupacións solicitadas.

TEMA 3: CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
Éste é un dos temas básicos para a orientación laboral.
Un orientador ten que ter amplos coñecementos no campo da educación e no campo laboral e das interrelacións entre eles.
A diferencia entre cualificación e competencia.
Unha persoa competente é aquela que ten os coñecementos e capacidades necesarias para exercer o exercicio da súa actividade profesional segundo as esixencias da producción e do emprego.
Cada cualificación profesional se organiza en unidades de competencia. A unidade de competencia é o agregado mínimo de competencias profesionais , susceptible de recoñecemento e acreditación parcial. Cada unidade de competencia leva asociado un módulo formativo onde se describe a formación necesaria para adquirir esa unidade de competencia.  E ésta é a estrutura que permite ao traballador avaliar e acreditar cada unha das súas unidades de competencia . Así poderá conseguir a cualificación completa tanto mediante un título de FP ou un certificado de profesionalidade.
O Catálogo Nacional de Cualificacións (SNCP)- organiza a reforma da FP
O Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP) distingue 26 familias profesionais e 5 niveis de cualificacións.
EQF- . Es ó Marco Europeo de Cualificacións: marco de referencia europeo para  fomentar a mobilidade dos cidadáns entre diversos países e facilitarlles o acceso á aprendizaxe permanente.
.
TEMA 4- A POLITICA SOCIAL  E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA
Deste tema o que máis interesante me resultou foi a mobilidade dos traballadores, a súa libre circulación que é un dos principios constitutivos da UE, e que polas circunstancias económicas que estamos vivindo ten tanta actualidade.
A rede EURES, é unha  rede de cooperación de Servizos de Emprego  entre a Comisión Europea e os servizos públicos de emprego dos Estados membros do EEE e outras organizacións asociadas. Proporciona servizos de información, asesoramento e procura de emprego a calquera cidadán en Europa, así como unha axuda para asesorar en todo o que unha persoa necesita saber cando se vai desprazar a outro país.
Paréceme importante para o noso traballo e tamén moi descoñecida pola maioría. Aínda que a sesión presencial, no meu parecer, debería ser máis extensa.
O outro punto máis relevante deste tema son os fondos europeos para o financiamento das políticas de emprego: Os Fondos estruturais (FSE). Contribúe a fomentar o emprego na UE. Axuda aos estados membros a que as empresas e a poboación activa de Europa estén mellor preparados  profesionalmente.

 

TEMA 5.- A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL




.
Entre todos os temas do primeiro módulo éste era o máis descoñecido para min. A verdade é que me sorprenderon reflexións como que o  noso sistema educativo non fomenta a cultura emprendedora e esa é unha das causas do baixo nivel de emprendemento no noso país.
A cultura do emprendemento, a innovación, a aprendizaxe continua, a xeración de coñecemento e a súa utilización no proceso de creación de empresas son as claves do desenvolvemento dunha sociedade.
A universidade ten neste sentido un papel fundamental para fomentar o espíritu emprendedor e transformar a sociedade.
Na UE asumíuse o fomento da creación de empresas como unha prioridade estratéxica, e desde o cume de Lisboa,  como unha fórmula para crear emprego e riqueza.
Este cambio de mentalidade terá tamén un pilar fundamental na orientación laboral co fin de orientar e asesorar cara ao autoemprego e a creación de empresas ás persoas  para intentar xerar riqueza e benestar.
Como xa dixen ó principio a esfera de coñecementos que debe posuír un profesional da orientación é múltiple e multidisciplinar.  Ao ser un proceso de axuda require unha sólida formación que abarcará campos tan distintos como a Psicoloxía, a Economía, o Traballo Social...Por eso creo que o marco conceptual é axustado ás nosas necesidades.





                                             






No hay comentarios:

Publicar un comentario