domingo, 5 de octubre de 2014

Marco Conceptual

Reflexión indivivual Modulo 1

O obxectivo primordial da Orientación Laboral é o incremento da ocupabilidade das persoas demandantes de emprego; pero atopámonos con que non temos ou non existen unhas pautas ou liñas claras de intervención neste campo, posto que é un conxunto de procedementos, tales como ensinar técnicas de procura de emprego, motivar para esa procura, fixar un obxectivo profesional, ofrecer información sobre os mercados de traballo, etc,, e todo isto , é o que nos debería conducir a conseguir o noso obxectivo que é o incremento da ocupabilidade, e é por iso que baixo o meu punto de vista eu véxoa máis como unha técnica de axuda que sen lugar a dúbida podería  mellorar si se clarificaran procesos, conceptos e procedementos, co que adquiriría un maior valor a Orientación Laboral.
Facendo unha reflexión por temas pareceme interesante o repaso as políticas de emprego da nosa Comunidade Autónoma sobre todo  para aquelas persoas que se adican a orientación laboral. 
Respecto do mercado laboral, destacar os equilibrios entre a oferta e a demanda respecto dos salarios. Coñecer e saber buscar os indicadores de mercado e ferramentas necesarias para poder facer unha boa labor cara os demandantes de emprego.

Para os Certificados profesionais dado que o tema para min resulta un dos mais  interesantes, vou a extenderme un pouco mais e dar unha visión persoal o repecto.

Unha oportunidade de cambiar o perfil da cualificación da man de obra no noso país de forma rápida é, sen dúbida, a través dos Certificados de Profesionalidade, que son un importante instrumento no desenvolvemento das políticas activas de emprego.

Os certificados de profesionalidade son o instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais adquiridas a través de procesos formativos ou do proceso de recoñecemento da experiencia laboral e de vías non formais de formación. Hoxe en día, permiten a súa correspondencia cos títulos de formación profesional.

O obxectivo destes certificados é impulsar entre os traballadores, tanto ocupados como desempregados, unha formación que contribúa á actualización permanente das competencias e cualificacións profesionais ao longo de toda a vida, conxugando as necesidades de traballadores, empresas e sectores produtivos.

Debemos de poñer en valor os Certificados de Profesionalidade, son unha parte moi importante da Formación Profesional, que se adapta perfectamente ás persoas e ás empresas. .

                             
Destacar tamén que non se sabe porque , en España non se desenvolveron os Certificados de nivel 4 e 5. Estes Certificados de nivel superior servirían para recualificar e dar unha titulación superior (universitaria) a moitas persoas que, pola súa experiencia profesional, poderían optar ata a Licenciaturas completas.

Opinión crítica: Este sistema serviu para que moitos corruptos enchésense os petos, pero tamén serviu para formar a moitas persoas sen cualificación ou reacualificar a outras que, por circunstancias do mercado laboral, vense fóra por falta de cualificación.

Pareceme interesante tamen o funcionamento das políticas sociais e de emprego da U.E. e ademais que estas políticas se exporten a España, como son a Formación Dual, o Sistema de Garantia Xuvenil, e tamen políticas encamiñadas a potenciar o estudo de novos idiomas dado que o mercado laboral cada vez é mais flexible respecto da mobilidade xeográfica.

Tamen desde o punto de vista de Orientador Laboral, pareceme interesante o tema sobre a iniciativa emprendedora, a xeración e nacemento de empresas de diversas actividades económicas, asi como o coñecemento das axudas que se xestionan desde a Xunta de Galcia a traves do IGAPE para emprendedores. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario