jueves, 6 de noviembre de 2014

SOBRE A CURACIÓN DE CONTIDOS

O avance das novas tecnoloxías permitiu o acceso a unha cantidade de información que non podemos controlar ata o punto de que ás veces esta nos desborda. 

Información? desinformación? infoxicación? como separar o realmente importante da información banal, nesgada ou pouco contrastada?


Moitas veces resulta complicado, pero na mesma fonte do problema se atopa a solución. 

Así como a tecnoloxía nos dá acceso a un mar de datos nos que podemos resultar pouco menos que afogados/as tamén permite a creación de ferramentas que nos axudan a non perder o rumbo e dirixirnos cara o que realmente buscamos: entre elas, Feedly e Diigo.

Estas ferramentas permiten centralizar nun único lugar toda a información importante sobre un determinado tema, por medio da subscrición aos distintos espazos, para logo seleccionala, organizala, engadirlle valor coas nosas achegas e poder compartila con outras persoas. 

Aí reside a importancia da curación de contidos e da web 2.0 que permite crear coñecemento compartido por medio das achegas de todas as persoas que contribúen ao seu mantemento. 

O proceso consta de varias etapas: procura de información, selección ou filtrado e elaboración e distribución dos contidos curados.

A seguinte infografía resume de forma gráfica a idea:

Fonte: Pinterest/ Visto en: Ana Municio

Existen multitude de ferramentas que podemos utilizar no proceso de curación, entre elas as recollidas no seguinte artigo: “Más de 40 ferramentas para a curación de contidos”

Como aínda non fun quen de probalas todas centrareime naquelas que estou a utilizar ultimamente: 

En primeiro lugar o Feedly, que recolle a información das fontes RSS previamente seleccionadas e nos axuda a filtrar e organizar a información.

Para que sexa efectivo, o máis importante será elixir as webs conforme a uns criterios de calidade, fiabilidade, interese, pertinencia… por exemplo, de organismos públicos, de persoas especialistas na materia, ou doutras que tras contrastar a información consideramos que son “de confianza”.

Unha vez feito isto a ferramenta ocúpase de facernos chegar os novos artigos publicados en cada un deses portais para que logo podamos seleccionar o que realmente nos interesa e desbotar o menos importante, organizalo e gardalo noutro espazo (por exemplo, Scoop.it ou Diigo) e/ou compartilo (a través de blogues, redes sociais...)

A vantaxe: non ter que entrar en cada un dos portais para ler as novas, feito que contribúe a optimizar o noso tempo.

A desvantaxe: non todas as webs contan con canle RSS, polo cal non as podemos agregar ao noso Feedly. Curiosamente, algúns portais de organismos públicos non teñen esta opción.

Outra ferramenta na que empezo a manexarme é o Diigo, un marcador social, algo semellante aos favoritos pero que achega outras funcionalidades como: permitir o acceso dende calquera lugar, poder compartir información en grupos, facer anotacións nos artigos, comentar… Todo un descubrimento! 

Aquí vos deixo unha pequena mostra dos meus inicios no uso do Feedly e o Diigo: 



No hay comentarios:

Publicar un comentario