jueves, 6 de noviembre de 2014

A búsqueda de Traballo nun país extranxeiro (Unión Europea)


Vivir e traballar en outro país é unha opción que se vai xeneralizando entre os europeos de todalas idades, e mais últimamente coa dichosa crisis.  Cada vez mais persoas recoñecen as ventaxas de adquirir experiencia profesional e persoal de esta forma. Traballar no estranxeiro durante algún tempo pode aumentar enormemente os niveles de capacitación e posibilidades de atopar un traballo mellor no propio país. O principio da libre circulación de traballadores da Unión Europea (UE), considerase un dos dereitos mais importantes dos cidadáns comunitarios. Siñifica que calquera persoa pode desplazarse a calquer país da UE así como Noruega, Islandia, Liechtenstein e Suiza. 

Como consecuencia os solicitantes de emprego que conten coa motivación e a mobilidade requerida teñen agora innumerables oportunidades e non faltan expertos que poden facilitar asesoramento e información o longo do proceso. No portal Eures de mobilidade profesional atopase información sobre traballo no extranxeiro, preparación da entrevista e asentamento en outro país.

Tanto se a búsqueda de traballo e no propio país como nun extranxeiro deberáse preparar previamento todo o proceso de solicitude de unha forma minuciosa. Se se atopa unha oferta interesante, o que se debe facer é elaborar unha solicitude.

Como Solicitar un posto de Traballo?













Polo xeral unha solicitude consta de unha carta de presentación e o curriculum, ainda que algúns empresarios esixen que o solicitante cumprimente un formulario normalizado. Temos que ter en conta que a primeira impresión que recibe o empresario do interesado é a solicitude, de modo que merece a pena adicar o tempo necesario a perfeccionala.

Carta de presentación, nela debese explicar por qué está interesado no posto, que aspectos da súa formación se axustan a este e qué pode aportar a empresa. A lenguaxe a utilizar debe ser clara, accesible e directa.

Preparación para a entrevista, a preparación é fundamental xa se trate de unha entrevista en persoa, por teléfono ou por internet.
Informarse sobre a empresa, intentando recabar todala información posible sobre a empresa.

Información sobre o posto,as especificacións do posto é amellor pista da que se pode dispor sobre o que a empresa buscará na entrevista.Valorarase o traballo en equipo, a capacidade e iniciativa, a flexibilidade? Deberase preparar para respostar a cada un dos requisitos con exemplos concretos da   experiencia acadada.

Prepararse para o inesperado. É posible que plantexen preguntas difíciles ou inesperadas, e é importante non deixarse levar polo pánico. Demostrar que se pode manter a calma en situacións nas que se vei sometido a presión, reflexionando un momento sobre a pregunta e respostando con tranquilidade. Non importa non saber a resposta, o que o interlocutor lle interesa é comprobar cómo formula a resposta e como procede para obter  mais información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario