martes, 4 de noviembre de 2014

REQUISITOS,CURSOS E CARNÉS PROFESIONAIS PARA ACCEDER Ó SECTOR PROFESIONAL DO MAR

ANALISIS ECONÓMICO
O sector pesqueiro-que engloba todas as actividades relacionadas coa pesca extractiva, o marisqueo e a acuicultura, así como a conserva e o conxelado- continúa sendo un dos primeiros axentes da economía galega. Segundo datos dos servizos estatísticos da Xunta, os sectores extractivo, acuícola e transformador empregan conxuntamente en Galicia a preto de 38.000 persoas, representando aproximadamente o 52% do emprego total pesqueiro en España e o 10% no conxunto da UE.

A cifra de negocio da pesca e acuicultura galega alcanzou en 2008 uns 1.000 millóns de euros, cun 44% do valor xerado na pesca de altura, un 19% na pesca costeira, un 6% no marisqueo e un 31 % na acuicultura. A produción extractiva galega anual supón, en termos de valor, o 15% da Unión Europea, superando así a produción conxunta de Alemaña, Bélxica, Finlandia, Grecia e Suecia.

dependencia social da actividade pesqueira é especialmente importante en varios concellos da costa galega. Así, o emprego pesqueiro representa o 30% da poboación ocupada nos concellos de Ribeira e Bueu e alcanza valores do 60% para a Illa de Arousa. En canto ao perfil medio do pescador galego é o dun home de entre 25 e 54 anos dedicado á pesca extractiva. Polo contrario, son as mulleres, nun número que supera as 4.000 as que forman o 90% do colectivo de mariscadores a pé.

Na Comarca do Salnés que é a zona onde realizo a miña Ocupación de Orientadora Laboral é moi demandanda a información sobre como acceder ó sector do mar ,e sobre todo nos últimos tempos, xa que moita población que está en desemprego o baralla como unha saída próxima, xa que noutros tempos desenvolveron a ocupación ou ben teñen un veciño, familiar ou amigo que se adica a este sector.
O que non contan  e que dende fai uns anos as leis cambiaron e moito, polo que sin formación especítifica non poderán optar a un posto no sector.

As posibles ocupación son moitas, pero as que se van analizar nesta entrada son: ¿Qué necesito para traballar nun barco? ¿ Cómo pode acceder a un permex de marisqueo a pé ou de bara(extracción de marisco dende unha embarcación)

¿Qué necesito para traballar nun barco? 
REQUISITOS E CARNÉS PROFESIONAIS

Para Pesca extractiva ou acuicultura: O mínimo para poder acceder é a Tarxeta Profesional de Mariñeiro Pescador
É necesaria para acreditar a capacitación profesional dos/as mariñeiros/as que exerzan a súa actividade en buques pesqueiros ( Mínimo ter 16 anos e o curso superado de mariñeiro pescador) .

O R.D. 1519/2007 recolle que a súa obtención "permite ejercer de tripulante subalterno para cualquier servicio en los buques dedicados a la pesca o auxiliar de acuicultura. Asimismo, facultará para manejar con fines comerciales embarcaciones de menos de 10 metros de eslora, dedicadas a la pesca o auxiliar de acuicultura, que operen exclusivamente dentro de aguas interiores de puertos y tengan una potencia adecuada a la embarcación, y siempre que no transporten pasajeros. Para ejercer el mando deberá haber realizado un periodo de embarque no inferior a 6 meses, como tripulante subalterno en buques de pesca o auxiliar de acuicultura, desde la fecha de expedición de la Tarjeta Profesional de Marinero Pescador"

A Tarxeta Profesional de Mariñeiro Pescador debe ir sumada ó curso de Formación Básica, (necesarios os dous cursos para poder enrolarse ( Embarcarse para realizar actividade profesional a bordo dun barco, ademáis de revisión médica de Apto que se fará no ISM)     
Orden FOM/2296/2002 recolle: "El certificado de Formación Básica es obligatorio para ejercer la profesión a bordo de un buque,
Se requerirá la posesión del «Certificado de Formación Básica» a todo el personal que ejerza funciones profesionales marítimas en los buques civiles, así como a aquéllos a los que se les confían tareas de seguridad o de prevención de la contaminación relacionadas con las operaciones del buque, en virtud del Cuadro de Obligaciones y Consignas del Buque, del Plan de Emergencias de a Bordo en caso de Contaminación por Hidrocarburos o del Manual de Gestión de la Seguridad".

A tarxeta é válida en todo o  territorio nacional, terá validez ata que o titular cumpla a idade de cincuenta anos; a partires desta data será necesaria a súa renovación cada cinco anos, a expedir pola Comunidade Autónoma acreditándose par a súa renovación a vixencia do recoñecemento médico realizado previo ó embarque polo Instituto Social da Marina.

Para desenvolver outras ocupacións a bordo dun barco, como Patrón Costeiro Polivalente, Mariñeiro de Ponte,Mariñeiro de Máquinas,Patrón Portuario, Patrón Local de Pesca..... necesítanse obter Outras titulacións relacionadas co mar e lugar onde obtelas ( A Consellería do Mar dispón de varios centros con formación regrada repartidos pola Comunidade Galega, pero tamén cabe destacar que os cursos máis básicos se realizaron ata o de agora nas Cofradías de Pescadores de maneira gratuita e debido á situación económica reducironse en gran cantidade, polo que agora xa hai entidades privadas de pago onde obtelos cursos ,e tamén se puxo en marcha pola Consellería a modalidade de Teleformación que non vou entrar a valorar.


¿Cómo podo acceder a un permex de marisqueo a pé ou a flote?
PERMEX-PERMISOS DE EXPLOTACIÓN)
Fai anos calquera persoa que non tiña outra ocupación ou quería gañar uns cartiños podía acudir á praia,sobre todo mulleres ou nunha embarcación para extraer marisco e vendelo(marisqueo a flote).
Os tempos cambiaron e pasouse de coller libremente a cantidade que as túas condicións físicas, a túa maña e a marea che permitira coller a establecerse unha tasas(cupos) máximas por especie e día.
Cambiou a lexislación e as mulleres se viron obrigadas a cotizar á Seguridade Social pero inda así o sector marisqueiro femenino sigue sen profesionalizar, porque na mioría dos casos non chegan a gañar o SMI, pero esa xa é outra cuestión.
Tanto cambiaron os tempos que a día de hoxe se xestiona por convocatoria pública aberta, por decisión propia e por proposta consensuada coas cofradías deciden convocar  prazas vacantes, si prazas vacantes, como si traballaran na adminsitración, en base a xubilacións,baixas voluntarias,incapacidades, rendementos dos bancos marisqueiros.... un número determinado de permex para as difrentes modalidades: a pé, de vara, extracción de algas(este xa é outro tema),navalla,percebe...., cada certo tempo(non está establecido que sexa anual).


            PERMEX MARISQUEO Á PE
Unha vez que a Consellería decide convocar as prazas e cumpridos os requisitos de estar en posesión da tarxeta de demandante de emprego (canta mais antiguedade teñan máis puntos obteñen) e estar empadroado nun concello do ámbito da cofradía de pescadores ou entidade asociativa, titulares do plan de explotación na que está prevista a incorporación das prazas vacantes, a xente dispón dun tempo determinado para presentarse tal e como recolle na Orde do 15 de xullo pola que se regula o permiso de explotación de marisqueo a pé, normalmente 15 días, e presentarán os méritos  para baremar.
Os que obteñan a maior puntuación obterán a praza.
Os cursos de formación se poden facer a través de difrentes entidades publicas e privadas, podes consultar aquí as Actividades Formativas Baremables Recoñecidas para o marisqueo a pé ou de vara e o por quén son impartidas.


PERMEX MARISQUEO DE VARA
Deberán presentarse igualmente ás convocatorias públicas unha vez convocadas as prazas pola Consellería.
O procedemento é o mesmo pero como se executa dende unha embarcación a inversión é maior , inda que cabe a posibilidade de obter o permex e desenvolver a ocupación nunha embarcación compartida.
Deberán ter obrigatoriamente a Tarxeta de mariñeiro Pescador e Formación Básica.


OUTROS PERMEX
Existen outros permex como poden ser para extraer navalla, algas, percebes... e outros productos nos que a parte de ter a Tarxeta de mariñeiro pescador  e formación básica débese poseer outra formación específica, polo que se deberá consultar cada caso. 



SECTOR TURISTICO NO MAR
Destacar que cada vez crece mais, e que moita xente demanda información para poder traballar nun buque de pasaxe para visitas guiadas pola ría , con alto volume de negocio sobre todo no Concello do Grove.


TITULACIÓNS BUQUES DE PASAXE E CRUCEIROS
Para poder exercer hai que estar en posesión do"Certificado de Buques Ro-Ro de pasaje y buques de pasaje distintos a Ro-Ro" estos últimos son o do sector cruceiros, pero o deben ter en todas as categorías os Capitáns,, Oficiais e Mariñeiros, de Ponte e de Máquinas, y demais persoal con funcións de asistencia ó pasaje en situacións de emerxencia nos buques de pasaje, tanto convencionais como de transbordo rodado (ro-ro), con tonelaxe igual ou superior a 500 GT (medida marítima) ou que estén autorizados a transportar 300 ou mais pasaxeiros


TITULACIÓNS EMBARCACIÓNS DE RECREO
Non quixera rematar este artigo sin antes destacar o crecemento do sector turístico no mar e que para desenvolver certas ocupacións, tamén fan falla titulacións, podedes consultar aquí as "Titulaciones náuticas para el gobierno de las embarcaciones de recreo"


OUTRAS TITULACIÓNS-MARIÑA MERCANTE
En canto á pesca de altura que é a que se realiza fóra das rías, dependendo da profesión a desenvolver a bordo do buque haberá que cumprir outros requisitos e titulacións que podedes consultar aquí podedes consultar aqui na web do Ministerio de Fomento


As imaxes amosadas nesta publicación son todas acuarelas  de Antonio Feijoo, artista que plasma a realidade galega e podes consultar aquí as seu blog e podes consultar aquí o seu blog


Avelina Dios Romay






3 comentarios:

  1. Gracias por deixarme publicar no voso blogue; Espero que sexa do voso interese.

    ResponderEliminar
  2. ¡Enhorabuena! ¡Muy útil y unas imágenes preciosas!

    ResponderEliminar
  3. Gracias María; A verdade e que quedín contenta co resultado

    ResponderEliminar