viernes, 7 de noviembre de 2014

ARTIGO COMO FIRMA INVITADA - EMPRENDEMENTO BAIXA A FÓRMULA COOPERATIVA

EMPRENDEMENTO BAIXO A FÓRMULA COOPERATIVA

Cando buscamos traballo, case sempre pensamos en alguén que nos contrate, non nos paramos a pensar que da iniciativa propia de emprender poida xurdir unha ocupación ou incluso xerar emprego de cara a terceiros. É por iso, que o emprendemento supón unha alternativa para as persoas que están buscando emprego ou que desexen cambiar de traballo, xa que todos pensamos case sempre en alguén que nos contrate.


"Un emprendedor ve oportunidades donde otros 
sólo ven problemas"

                                                                                                          Michael Gerber



Emprendemento é un termo ultimamente moi utilizado, inda que sempre estivo presente ó longo da historia. É nas últimas décadas cando obtivo maior importancia, ante a necesidade de superar os constantes e crecentes problemas económicos.

Emprender componse dunha actuación creativa e unha acción eficaz. É unha actitude que che obriga a formularte retos e que che fai medrar como persoa. O proceso emprendedor é un camiño complicado, complexo, ardúo que precisa de vontade, sorte e capacidade para chegar ó éxito deste proceso.

A dificultade de todo este proceso radica en atopar unha idea atractiva e non deixarse desanimar polos obstáculos do proceso, apostando por aqueles procesos que teñan posibilidades reais de saír adiante. E as vantaxes de participar nun proxecto empresarial céntranse en deseñar o teu futuro laboral e empresarial, satisfacer mellor as necesidades como realización persoal, liberdade, independencia e alcanzar os retos perseguidos.

Unha vez temos clara a nosa idea creativa toca, entre outras, elixir a fórmula empresarial. 

Se valoramos compartir recursos, experiencia e risco, entón a Cooperativa podería encaixar co noso proxecto empresarial. O que diferencia unha Cooperativa co resto das empresas versa nunha serie de principios e valores que determinan o seu funcionamento. 

As Cooperativas son empresas de ECONOMÍA SOCIAL, é dicir con fins económicos (rendible e proporcionar beneficios ós membros) e fins sociais (cultura, valores e saber). Nestas, o fin último non é a maximización do beneficio, senón unha empresa na que os seus socios se xuntan voluntariamente para satisfacer as súas necesidades onde todos participan activamente na toma de decisións desta.

Como dato, podemos dicir, que en Galicia hai máis de 80.000 persoas traballando en Cooperativas.

As peculiaridades deste tipo de empresa son:
- As persoas é o recurso máis valioso. 
- Responsabilidade limitada
- Fondo de Formación e Promoción: como mínimo un 5% dos beneficios destinado a tal efecto para a formación dos socios e traballadores da cooperativa
- Capital Social mínimo 3.005,06 euros
- Número mínimo de socios 3
- Non se admiten socios capitalistas
- Imposto de Sociedades: 20% (10% nas especialmente protexidas)

Se tes inquietudes, creatividade e imaxinación persoal para avanzar na creación dunha empresa, unha idea que se quere converter en negocio, experiencia acumulada entón é que tes perfil emprendedor.

As claves do éxito serán:
- Ter en conta que a sociedade e as empresas están en continuo cambio
- Que negocios que foron rendibles hoxe en día non o sexan.
- Que cada día emerxen novas oportunidades de negocio para satisfacer as necesidades dos consumidores.

Para rematar, un vídeo dunha Cooperativa de Consumo Responsable.










No hay comentarios:

Publicar un comentario