viernes, 19 de septiembre de 2014

Unha viaxe difícil


Seguir o camiño que nos conduza á realización profesional non é doado, é unha tarefa diaria chea de obstáculos, pero quizais o máis difícil sexa non equivocarse na súa elección.

A miña curta experiencia en orientación laboral xa demostroume as súas dificultades e a importancia que ten a colaboración profesional. Espero que este traballo cos meus compañeiros de grupo me axude a sentar as bases dun novo modo de facer, de entender o traballo que, non me cabe dúbida, redundará en beneficio do colectivo de traballadores desempregados.


Adquirir novas competencias, coñecer máis o meu ámbito profesional a través das experiencias dos meus compañeiros debe mellorar o que podo ofrecer aos demais. Ese é para min o éxito profesional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario