martes, 2 de diciembre de 2014

A MIÑA REFLEXIÓN INDIVIDUAL DO MÓDULO 3


Neste módulo adentrámonos de cheo no marco instrumental da orientación e na figura do orientador como guía e asesor da persoa orientada.

Comenza cos distintos modelos de intervención en orientación laboral, como son:

- o modelo didáctico
- o modelo de asesoramento
- o modelo centrado nos recursos. 


Estes tres modelos poden ser complementarios e, en función, das características da persoa que vai ser orientada podemos adaptar características de cada un que nos poden ser útiles. Creo que os tres son complementarios e non se debería de utilizar unha estrutura ríxida.

Algo que é destacable é que a orientación laboral en España, carece dun marco académico determiando. Os profesionais proceden de distintos marcos formativos e baséanse moito nas habilidades e coñecementos propios.

A dificultade para o labor do orientador aumentou nestes tempos de crise económica, xa que o panorama do desemprego é moi variado, desde o punto de vista dos perfís profesionais e formativos.






Outro punto que destacaría deste módulo é a orientación laboral específica para persoas con discapacidade, 
A miña experiencia neste tema é que o mellor  é a derivación destes desempregados ás entidades máis axeitadas segundo a súa clase de discapacidade.
Os Servizos Públicos de Emprego non teñen programas específicos nin mecanismos paras estes colectivos . E moitas veces cando intentas insertar a algunhas destas persoas atópaste con multitude de barreiras e a consabida frustración da persoa.


Noutra banda falouse dos itinerarios que son un conxunto de accións destinadas a favorecer a inserción laboral ou mellorar a súa formación de cara a esa mesma integración laboral.

Aínda que, na miña opinión, actualmente está un pouco desvirtuado na súa eficacia, en certos casos .
Äctualmente os itinerarios non teñen preferencia na selección de cursos fóra do ámbito da oficina onde están inscritos. Esto dificulta a mellora da formación do desempregado, porque moitas veces  a oferta de cursos é moi limitada na área de influencia dunha oficina e non dan oportunidade para acceder a cursos que sólo se ofertan en áreas concretas.




Así, ás veces é difícil ou imposible cumprir cos obxectivos marcados. Isto ocurriume, nalgún momento, con algún itinerario, xa que o curso solicitado, imprescindible para un futuro posto de traballo concreto, non se realizaba na oficina e onde se sondeaba  non tiña modo de saír como candidato.

Outras accións ou prestacións (como por exemplo, ser beneficiario da axuda Prepara), leva incorporado obligatoriamente un itinerario, requisito indispensable para ter dereito á subvención. E moitas veces a motivación é sólo económica, entendible na situación de crise na que nos atopamos, pero que desvirtúa a esencia da finalidade  do mesmo.

Outro dos temas tratados é a importancia da orientación laboral no mundo actual, a súa interrelación coa orientación educativa par unha maior efectividade

A entrevista, tanto como elemento de diagnóstico do orientador como método de selección nas ofertas de traballo, é outro dos temas de vital interés. Neste sentido foron moi valorables os talleres realizados por Ana Peón e María Luisa Padilla.





Adentrándonnos no perfil profesional e na intermediación laboral, o orientador, debe axudar ó demandante mostrando as características do seu perfil , tendo en conta os requisitos esixidos para o mesmo nas ofertas existentes para poder dirixir aos mesmos no aumento da súa empregabilidade.  E, neste sentido, o labor do orientador como prospector de empresas concédelle unha situación estratéxica para coñecer as demandas empresariais.


As técnicas e ferramentas para a busca activa de emprego, aumentaron en gran medida nos últimos anos. Evolucionamos desde o currículo en papel ao vídeocurrículo , os portais de emprego, internet, etc.


E,  por último, a elaboración dun plan de empresa, complemento para o orientador e que todo emprendedor debe realizar para planificar o seu proxecto. O único que botei de menos foi unha explicación máis doada e máis práctica do mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario